A la Sombra del Títere, LC.

Artefacto escénico, de órbita teatral. Web dual.

Media hora coa “Muller soa” de Rame e Fo.

Presentada o 27 de Marzo de 2017, co gallo do Día Mundial do Teatro.
Casa Museo Casares Quiroga, A Coruña.

Con Lía Pichel e Anxo Rodríguez.

Un monólogo desmiuzado, convertido en discusión e construción de dous. Arredor dunha farsa, outra. Ou dentro dela.

“A muller soa” é unha ama de casa, a ama de casa por antonomasia, que o ten todo no interior da súa familia, menos o máis importante: ser tratada polos homes da casa como unha persoa, un individuo, e respectada como tal, e non só utilizada como obxecto sexual ou como asistenta sen soldo.

A nosa muller soa é unha personaxe sinxela, naif, que conta a unha nova veciña a súa vida e a súa historia. Está encantada de ter a alguén con quen falar, con quen confiarse, aínda que sexa ao outro extremo da rúa. Conta a súa vida de maneira cómica, grotesca. Ris moito con este texto, pero ao final déixache dentro moito amargor.

Franca Rame, ao inicio de Tutta casa, letto e chiesa.

Media hora coa “Muller soa”, dedicada a Franca e Dario, xira, discute e constrúese arredor do primeiro dos monólogos incluídos en Toda casa, cama e igrexa, espectáculo representado por Rame sobre textos de Fo, escritos ou transcritos. En todo caso, construídos a medias, sobre da condición feminina.

Dario Fo finou hai uns meses, en outubro do 2016.

Entre outras cousas, pintor, dramaturgo, activista e artista teatral total -director, actor, guionista, escenógrafo, compositor, etc.-, foille encargada a Mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro no ano 2013.

Xunto a Franca Rame, actriz e militante feminista, parella artística, profesional e matrimonial indisoluble, desde os seus comezos ata o pasamento dela, nese 2013.

Cómicos populares, militantes da farsa e activistas teimudos, recibiron o Nobel de Literatura en 1997, a nome del.


Media hora con “La mujer sola” de Rame y Fo.

Presentada el 27 de Marzo de 2017, con ocasión del Día Mundial del Teatro.
Casa Museo Casares Quiroga, A Coruña.

Con Lía Pichel y Anxo Rodríguez.

Un monólogo desmenuzado, convertido en discusión y construcción de dos. Alrededor de una farsa, otra. O dentro de ella.

“La mujer sola” es una ama de casa, la ama de casa por antonomasia, que lo tiene todo en el interior de su familia, menos lo más importante: ser tratada por los hombres de la casa como una persona, un individuo, y respetada como tal, y no sólo utilizada como objeto sexual o como asistenta sin sueldo.

Nuestra mujer sola es un personaje sencillo, naif, que cuenta a una nueva vecina su vida y su historia. Está encantada de tener a alguien con quien hablar, con quien confiarse, aunque sea al otro extremo de la calle. Cuenta su vida de manera cómica, grotesca. Te ríes mucho con este texto, pero al final te deja dentro mucha amargura.

Franca Rame, al inicio de Tutta casa, letto e chiesa.

Media hora con “La mujer sola”, dedicada a Franca y Dario, gira, discute y se construye alrededor del primero de los monólogos incluidos en Toda casa, cama e iglesia, espectáculo representado por Rame sobre textos de Fo, escritos o transcritos. En todo caso, construidos a medias, sobre la condición femenina.

Dario Fo falleció hace unos meses, en octubre de 2016.

Entre otras cosas, pintor, dramaturgo, activista y artista teatral total -director, actor, guionista, escenógrafo, compositor, etc.-, le fue encargado el Mensaje Internacional del Día Mundial del Teatro en el año 2013.

Junto a Franca Rame, actriz y militante feminista, pareja artística, profesional y matrimonial indisoluble, desde sus comienzos hasta el fallecimiento de ella, en ese 2013.

Cómicos populares, militantes de la farsa y activistas contumaces, recibieron el Nobel de Literatura en 1997, a nombre de él.


 

Anuncios
Anuncios