A la Sombra del Títere, LC.

Artefacto escénico, de órbita teatral. Web dual.

Desde neno, na loucura [versión estendida].

Teatro de obxectos e despoxos. Pintura sobre lenzos, saba e polistireno. Metateatro. Teatro relacional.

Que lle queda por diante a un neno? E atrás a un adulto?

Que une a ámbolos dous e os estraña da sociedade arredor?

E a Cousteau, Revilla, Maradona, Federer, Barna e Rozeanu, XesúsCristo e Leonard Cohen?

Cal é o común a mulleres, homes, nenas, nenos, touros, cochos e fetos?

A partir destas cuestións e dunha morea de despoxos, reconstruír o pasado de alguén. A vida dun calquera de nós, puido ter sido. A través de obxectos e extravíos dunha persoa. De moitas persoas. Despoxos son refugallos, desproveito. Mais tamén, botín dunha vida. Vida conquistada, perdida ou arrebatada. En feitos ou en soños. Esmorecer a vida, aos poucos. Substituída, descartada ou rexeitada. Simplemente, esquecida. E relembrada.

Do desperdicio, do sobrante que non se pode ou non se quere aproveitar, nace  Atrapado na cordura. En viaxando un tempo, con dúas maletas, desenvolveu a súa propia loucura, en 1ª persoa.

Inspirándose nela, cinco artistas plásticos pintaron no escenario cinco lenzos da súa vida. A vida daquela persoa. Atravesando con cadansúa vida, en 2ª persoa.

A devandita peza de obxectos e maletas, máis os cinco cadros, como novo punto de partida, evocan e ilustran na escena aquela vida, en 3ª persoa.

Amais, articulamos unha pequena exposición desas ilustracións e artistas, documentando a propia evolución da obra orixinal. Dentro da mesma obra. Desde neno, na loucura [versión estendida].

Unha obra pequena, a orixinal, dentro doutra máis grande. Expansiva e relacional, coa pintura, co público, co técnico… E un paseíño metateatral, por como creceu a obra, tal fose unha vida crecer.

Unha traxicomedia de obxectos e despoxos, estendida sobre lenzos, saba e polistireno.

Ilustradores: Víctor Rodríguez, Roberta Venanzi, edu_ALBO, Paula Fraile e Alexandra Martínez.

Intérpretes en lingua de signos: Gema Santos e Irene Íñiguez.

Elenco: Simón Piñón e Anxo Rodríguez.

Autoría e dirección: Manuel Anxo Rodríguez.

Pensada para: Desde nenos ata deste(i)tados.

Galego/ Castelán. 60 minutos, aprox.

[Estado actual: estreada e en evolución]


Desde niño, en la locura [versión extendida].

Teatro de objetos y despojos. Pintura sobre lienzos, sábana y poliestireno. Metateatro. Teatro relacional.

¿Qué le queda por delante a un niño? ¿Y atrás a un adulto?

¿Qué los une y los extraña de la sociedad alrededor?

¿Y a Cousteau, Revilla, Maradona, Federer, Barna y Rozeanu, JesúsCristo y Leonard Cohen?

¿Cúal es el común a mujeres, hombres, niñas, niños, toros, cerdos y fetos?

A partir de estas cuestiones y de un montón de despojos, reconstruir el pasado de alguien. La vida de un cualquiera de nosotros, pudo haber sido. A través de objetos y extravíos de una persona. De muchas personas. Despojos son residuos, desecho. Mas también, botín de una vida. Vida conquistada, perdida o arrebatada. En hechos o en sueños. Esmorecer la vida, poco a poco. Sustituida, descartada o rechazada. Simplemente, olvidada. Y rememorada.

Del desperdicio, del sobrante que no se puede o no se quiere aprovechar, nace  Atrapado en la cordura. De viaje un tiempo, con dos maletas, desarrolló su propia locura, en 1ª persona.

Inspirándose en ella, cinco artistas plásticos pintaron en el escenario cinco lienzos de su vida. La vida de aquella persona. Atravesando con su respectiva vida, en 2ª persona.

La mencionada pieza de objetos y maletas, más los cinco cuadros, como nuevo punto de partida, evocan e ilustran en escena aquella vida, en 3ª persona.

Además, articulamos una pequeña exposición de esas ilustraciones y artistas, documentando la propia evolución de la obra original. Dentro de la misma obra. Desde niño, en la locura [versión extendida].

Una obra pequeña, la original, dentro de otra más grande. Expansiva y relacional, con la pintura, con el público, con el técnico… Y un garbeo metateatral, por como creció la obra, tal fuese una vida crecer.

Una tragicomedia de objetos y despojos, extendida sobre lienzos, sábana y poliestireno.

Ilustradores: Víctor Rodríguez, Roberta Venanzi, edu_ALBO, Paula Fraile y Alexandra Martínez.

Intérpretes en lengua de signos: Gema Santos e Irene Íñiguez.

Elenco: Simón Piñón y Anxo Rodríguez.

Autoría y dirección: Manuel Anxo Rodríguez.

Pensada para: Desde niños hasta des(t)echados.

Gallego/ Castellano. 60 minutos, aprox.

[Estado actual: estrenada y en evolución]


 

Anuncios
Anuncios