A la Sombra del Títere, LC.

Artefacto escénico, de órbita teatral. Web dual.

Morte accidental dun farsante.

Con este escrito, queremos chamar a atención sobre duns feitos que ocorreron -un supoñer- en España, ao longo do século XX e inicios do XXI. Pero ben puideron ter sucedido, por exemplo, en Italia, na cidade de Milán e máis aló. Teatralmente, claro.

Un insurxente e popular dramaturgo -máis ben, comediógrafo-, de orixe lombarda, caeu desde unha altura aproximada duns 90 anos, coas doenzas de máis de 30 obras de teatro perpetradas, e cos agravantes engadidos dun Premio Sonning á cultura europea, aos 55 anos, e un Premio Nobel de Literatura, aos 71 anos.

Respondía de diario, ao zorregado nome de Dario Fo, azoutador de conciencias ben inocentes, ben criminais.

Como pecados anexos, ser membro do Colexio de Patafísica e da Academia Estadounidense das Artes e das Ciencias.

Só un eximente: a metade aproximada das súas falcatruadas, debe ser imputada á súa compañeira indisociable, e cooperadora necesaria, Franca Rame.

O infausto feito sucedou na data 13 de outubro do 2016.

Nunha primeira investigación, logo dunha sospeitosa vida adicada a flaxelar sen piedade, entre outras, á Igrexa católica e aos seus hábitos, conclúese que a cerimonia laica do seu funeral é merecedora de ser executada na mesmísima Catedral de Milán.

Por primeira vez, tamaña afronta. E sen que sirva de precedente.

A derradeira das súas farsas. Ou penúltima…


 

Anuncios

Información

Esta entrada fue publicada en 10 marzo, 2017 por en Pegadas/ Huellas y etiquetada con , .
Anuncios