A la Sombra del Títere, LC.

Artefacto escénico, de órbita teatral. Web dual.

As vacacións de Xesús e Buda.

Non é mofa nin burla. É o título dunha película de anime. E do manga no que se basea. Escrito e ilustrado por Hikaru Nakamura.

Realmente, o título foto-las-vacaciones-de-jesus-y-buda-3orixinal é Seinto Oniisan. Traducido en inglés como Saint young men. Que pode aproximarse. Por estos lares, a xeito coa nosa coñecida tradición licenciosa -poética ou non-, pois iso, Las vacaciones de Jesús y Buda. Coa temática, vai. Sen máis comentos.

Dentro da programación do FKM, Festival de Cinema Fantástico da Coruña, no MAC, hai uns días.

Dous xoves amigos comparten apartamento en Tokio. Son Xesucristo e Gautama Buda, de vacacións e ano sabático na Terra.

portada-manga-seinto-oniisan-8Como despoxalos do divino e enfrontalos ás debilidades humanas, sen extirparlles aura, estigmas e certas bondades.

Tentan pasar desapercibidos pero non poden evitar que a súa natureza, de cando en vez, os traizoe un pouquño. E ameace con deixalos en evidencia.

Anime dun manga seinen -dirixido a mozos maiores de 16-, farsa lixeira pero ben interesante, pola temática e pola súa audacia no plantexamento e no ton, para resultar convincente, entretida e non feridora. En temas que, con outro tratamento, topan e doen en variadas susceptibilidades. Ghastamos pel moi fina.

Unhas risas, a verdade. É abondo.


 

Anuncios

Información

Esta entrada fue publicada en 1 noviembre, 2016 por en Pegadas/ Huellas y etiquetada con .
Anuncios