A la Sombra del Títere, LC.

Artefacto escénico, de órbita teatral. Web dual.

Centro Dramático Galego: “Xardín suspenso”, de Abel Neves.

Xardín Suspenso (imaxe)

Estreada no Salón Teatro de Santiago de Compostela, sede do CDG, o pasado mes de marzo -agora, en xira por Galicia e Portugal-, adaptada a lingua galega por Manuel Guede e Candido Pazó, e dirixida por este último.

Xardín suspenso  sorprendeunos gratamente, pola densidade dramática conseguida en escena, moi pouco común.

Unha promesa de fidelidade incumprida, quizais traizón ou, se cadra, simple deslealdade, precipitará unha traxedia persoal e familiar a partir da radical decisión da personaxe principal: a inacción.

Arredor dela, reaccións de preocupación, desesperación ou aceptación -mesmo indiferencia-, nun abano de personaxes e emocións que superan os seus roles de partida, mentres asistimos, expectantes, ao superior exercicio de vontade de Lucía e, doentes, ao seu esvaecemento progresivo.

Actrices e actores, todos eles, inspiradísimos; obviamente, moi ben dirixidos; amais de que o potencial da dramaturxia orixinal, da posterior adaptación galega e maila estudada posta en escena, teñan sido o caldo de cultivo axeitado.


 

Anuncios

Información

Esta entrada fue publicada en 20 abril, 2015 por en Escénicos y etiquetada con .

Navegación

Anuncios